ZIRKO TXOSKO
Idade recomendada: a partir de 3 anos
Duración: 50 min
Lingua: galego
Zirko Txosko dá un tremendo paso adiante na súa linguaxe circense. Unha das mellores compañías novas do noso circo gradúase cun espectáculo adulto repleto de calidade e delicadeza.
Un show con acrobacias, danza, movementos, equilibrios cunha posta en escena orixinal e diferente que non esquece o humor habitual da compañía.