FESTIVAL C
A TROPA C · CONTOS NO PARQUE· APEGO
TANTARANTIÑA
Cris de Caldas
Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 35 min
O Programa Apego e A TROPA C abren un espazo de narración no parque de Bonaval os martes de agosto ás 18.00 horas. Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... para escoitar, participar e socializar en galego.
Tantarantán, tantarantiña, quen non come non ten barriguiña. Tantarantán, tantarantola, quen non come non ten barrigola. Con palabras sinxelas, repeticións sonoras e espertando moita curiosidade, estes contos acompañan momentos de xogo, de calma e de colo, mentres axudan a espertar a linguaxe e o gusto polas historias. Un proxecto para reivindicar que contar, cantar e compartir historias fainos medrar en compañía.