CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL
TABI TO HIBI / TWO SEASONS, TWO STRANGERS / DÚAS ESTACIÓNS, DOUS DESCOÑECIDOS (2025)
Sho Miyake
Xapón / 89 min / Ficción / Xaponés
Ficha artística:
Shim Eun-kyung, Yumi Kawai, Mansaku Takada
Ficha técnica:
Guión: Sho Miyake. Baseado no manga de Yoshiharu Tsuge
Fotografía: Yuta Tsukinaga
Edición: Keiko Okawa
Produción: Masayoshi Johnai
Sinopse:
Nagisa e Natsuo coñécense no verán xunto ao mar. As súas miradas, baleiras e fráxiles, reflíctense mentres comparten palabras torpes e se adentran nun océano mollado pola chuvia. No inverno, Li, unha guionista en crise creativa, chega a unha vila cuberta de neve. Alí atopa unha pensión desolada rexentada polo enigmático Benzo. As súas conversas apenas conectan, pero dese silencio nace unha viaxe inesperada.
Sho Miyake é un director e guionista xaponés recoñecido pola súa capacidade para retratar historias de persoas situadas nas marxes da sociedade, cun estilo contido e profundamente humano. En 2012 dirixiu a súa primeira longametraxe, Playback, seleccionada para competir no Festival de Locarno. Máis tarde realizou And your bird can sing (2018) e Small, slow but steady (2022), presentada na sección Encontros da Berlinale. En 2024 estreou All the long nights.
Leopardo de Ouro do Festival de Locarno 2025