DATOS BÁSICOS

ESCENA MIRIÑAQUE

Idade recomendada: a partir de 2 anos

Duración: 45 min 
Lingua: castelán

A Tropa C no patio de butacas

é unha obra de danza-teatro na que o realismo máxico cobra vida nun bosque onde o irreal ou estraño se naturaliza como algo cotián. As súas dúas personaxes, peculiares, divertidos e sensibles, desenvolverán unha relación de amizade baseada no crecemento emocional a través do xogo. Ao final do espectáculo, convidarase as nenas e os nenos a internarse no bosque dun xeito moi especial... Bailando.

É un espectáculo que utiliza o corpo e as onomatopeas co fin de poñer en valor non só o que se di, senón tamén o que se transmite. As nosas palabras e movementos, cheos de variacións, dinámicas, vibracións e matices, introdúcennos nun mundo cheo de emocións.


[Fotografía: Raquel Sánchez]

Duración: 
45 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Domingo, 4 Outubro, 2026
18:00
Auditorio de Galicia