CINEUROPA
CANCIÓNS PARA DESPOIS DUNHA GUERRA
SWING TIME / EN ÁS DA DANZA (1936)
George Stevens
EEUU / 105 min / Ficción / Inglés e francés
Ficha artística:
Fred Astaire, Ginger Rogers, Betty Furness
Ficha técnica:
Guión: Allan Scott, Howard Lindsay, Erwin S. Gelsey, Dorothy Yost
Fotografía: David Abel (B&W)
Edición: Henry Berman
Produción: RKO Radio Pictures
Sinopse:
John "Lucky" Garnett (Fred Astaire) é un destacado bailarín que chega tarde á súa voda con Margaret Watson (Betty Furness). O pai da noiva rétao a volver pedir a man da súa filla cando gañe a astronómica cantidade de 25.000 dólares. Para iso John trasladarase a Nova York na compaña do seu amigo Everett "Pop" Cardetti (Victor Moore) e alí coñece a Penélope "Penny" Carroll (Ginger Rogers). A relación entre ambos os dous irase estreitando ata o nivel de chegar a namorar.
Mellor canción nos Óscar 1936