PANORAMA INTERNACIONAL
VEN 13, 16:00 | TEATRO PRINCIPAL
SAB 21, 16:00 | SALÓN TEATRO
Carlo Mirabella-Davis
Estados Unidos, Francia / 94 min. / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Haley Bennett, Austin Stowell, Elizabeth Marvel, David Rasche, Denis O’Hare
Ficha técnica:
Guión: Carlo Mirabella-Davis
Fotografía: Katelin Arizmendi
Edición: Joe Murphy
Produción: Mollye Asher, Mynette Louie, Carole Baraton, Frederic Fiore
Hunter semella levar unha vida perfecta xunto a Richie, o seu esposo, que vén de facerse cargo da administración do negocio familiar. Pero cando queda embarazada, desenvolve un trastorno alimentario, o chamado síndrome de Pica, caracterizado pola inxestión compulsiva de obxectos non comestibles. O seu esposo e os seus sogros deciden controlar cada movemento para evitar que dane a estirpe familiar. Pero esta estraña e incontrolable obsesión oculta un escuro segredo.
2019: Mellor actriz no Festival de TRIBECA
2019: Premio especial no Festival de Deauville
Carlo Mirabella-Davis
(Nova York, Estados Unidos, 1986)
Comprou a súa primeira cámara Super 8 aos 14 anos e pasou a súa adolescencia facendo películas cos seus amigos. Estudou produción na Tisch School of the Arts de Nova York. Dirixiu a curta Knife point (2009) e codirixiu o documental The swell season (2011) xunto a Nick August-Perna e Chris Dapkins. Impartiu clases de cinema a estudantes da Universidade de Nova York durante máis de dez anos.