'SUSPENSIÓN' DE NUEVEUNO

DATOS BÁSICOS

10 €* | >8 anos | 60 min | Castelán

Vemos en escena a cinco homes. Son normais, están subidos nun escenario. Cada un distinto e todos iguais. Cóidanse, empúrranse e celebran xuntos. Homes que se cuestionan constantemente, pero se  deleitan na súa propia identidade… son, á fin e ao cabo, cinco homes.

Suspensión é a nosa pelota lanzada ao aire que alcanza o instante de suspensión; o momento en que todo pode pasar, o momento en que podemos ceder á gravidade, ou tomar decisións distintas, o momento en que unha pelota queda flotando e con iso todos no escenario contemos o alento. O momento de Suspensión.

Dentro dos ciclos CIRCO A ESCENA e PLATEA do INAEM do Ministerio de Cultura.

Duración: 
60 min
Entradas: 

10 €, cos descontos habituais (*)

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • (*) Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 25 Novembro, 2022
20:30
Teatro Principal