CINEUROPA · PANORAMA INTERNACIONAL
THE SURVIVAL OF KINDNESS / A SUPERVIVENCIA DA AMABILIDADE (2022)
Rolf de Heer
Australia / 110 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Mwajemi Hussein, Deepthi Sharma, Darsan Sharma
Ficha técnica:
Guión: Rolf de Heer
Fotografía: Maxx Corkindale
Edición: Isaac Coen Lindsay
Produción: Julie Byrne, Rolf de Heer
Sinopse:
No medio do deserto, a BlackWoman abandónana nun remolque, nunha gaiola. Captúrana e déixana alí para que morra. Pero escapa e camiña a través do fedor e a persecución, do deserto á montaña e á cidade, para atopar... máis cativerio. Os responsables son remisos a renunciar aos seus privilexios, e BlackWoman, fuxindo unha vez máis, debe atopar consolo nas súas orixes.
Rolf de Heer (Heemskerk, Países Baixos). Dirixiu 15 longametraxes de ficción e ademais foi guionista único en 11 delas e coguionista noutras tres. Un destes filmes, Alexandra’s Project, participou na sección oficial da Berlinale do 2003. Outros dos seus filmes estreáronse en Cannes e Venecia.
Premio FIPRESCI na Berlinale 2023