CINEUROPA · FANTASTIQUE COMPOSTELA · MARATÓN
SUPERVIVIENTES DE LOS ANDES (1976)
René Cardona
México / 111 min / Ficción / Español, inglés
Ficha artística:
Pablo Ferrel, Hugo Stiglitz, Norma Lazareno
Ficha técnica:
Guión: René Cardona Jr. baseado no libro de Charles Blair Jr.
Fotografía: Genaro Hurtado, Luis Medina
Edición: Marshall M. Borden, Alfredo Rosas Priego
Produción: René Cardona, René Cardona Jr.
Sinopse:
América do Sur, anos 70. Un avión, no que viaxa un equipo uruguaio de rugby, sofre un fallo en pleno voo sobre as nevadas montañas dos Andes e ten que aterrar de forma forzosa e violenta. Tras a morte da maioría dos pasaxeiros e na metade da nada, os sobreviventes sofren o terror da soidade e do frío. Por mor das baixas temperaturas, os cadáveres consérvanse en bo estado e, ao pasaren uns días, cando a fame abafa, deciden facer algo que cambiará as súas vidas para sempre: comer os compañeiros mortos. Devecendo porque algunha expedición de rescate os atope, o horror vaise apoderando máis deles cando a práctica do canibalismo se torna en algo cotián co paso do tempo.
Candidata á mellor edición nos Premios Ariel 1976