SUMRRÁ 25 ANOS · REVOLUTI8N

DATOS BÁSICOS

SUMRRÁ 25 ANOS · REVOLUTI8N

O trío de jazz galego máis internacional celebra os seus 25 anos de vida con novo disco, o oitavo da súa carreira.
SUMRRÁ pon o peche a un ano de celebración do seu 25ª aniversario botando a vista cara diante, coa presentación dun novo disco co que invocar a maxia da música que tanto lles leva dando dende o inicio da súa traxectoria. E este peche de ciclo, e inauguración dun novo período, tiña que ser en Compostela. A cidade onde se atoparon, e a cidade dende onde amosaron ó mundo que outras músicas son posibles, son universais e son libres.
Manuel Gutiérrez, Xacobe Martínez Antelo e LAR Legido son SUMRRÁ, e Revoluti8n, o seu novo disco.

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Sábado, 29 Novembro, 2025
20:30
Auditorio de Galicia