CINEUROPA 40 ANOS
SPOORLOOS / THE VANISHING / DESAPARECIDA (1988)
George Sluizer
Países Baixos, Francia / 107 min / Neerlandés, francés, inglés
Ficha artística:
Bernard-Pierre Donnadieu, Gene Bervoets, Johanna ter Steege, Gwen Eckhaus, Bernadette Le Saché
Ficha técnica:
Guión: Tim Krabbé e George Sluizer. Baseado na novela A desaparición de Tim Krabbé
Fotografía: Toni Kuhn
Edición: Lin Friedman e George Sluizer
Produción: Anne Lordon e George Sluizer
Sinopse:
Rex e Saskia, unha parella neerlandesa, están de vacacións en Francia cando ela desaparece sen deixar rastro nunha área de servizo. Incapaz de aceptar o sucedido, Rex pasa os anos seguintes buscándoa, ata que comeza a recibir mensaxes de alguén que parece coñecer o seu paradoiro. O responsable da desaparición, Raymond Lemorne, é un home aparentemente común que agocha unha personalidade sinistra. A obsesión de Rex por descubrir a verdade acaba por envolvelo nun xogo psicolóxico cada vez máis perturbador.
MELLOR ACTRIZ SECUNDARIA (JOHANNA TER STEEGE) NOS PREMIOS DO CINEMA EUROPEO 1988
BECERRO DE OURO Á MELLOR PELÍCULA E PREMIO DA CRÍTICA CINEMATOGRÁFICA NEERLANDESA EN 1988
MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR ACTOR (BERNARD-PIERRE DONNADIEU) EN FANTASPORTO 1990