RFG · SORPRESAS

DATOS BÁSICOS

TEMPADA «MEMORIA» 

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Patricia Kopatchinskaja, violín e dirección

Coa participación do estudantado da EAEM

PROGRAMA

Wolfgang Amadeus Mozart: Abertura de Don Giovanni 
Felix Mendelssohn: Concerto para violín en Re menor (para orquestra de corda)
Ludwig van Beethoven: Abertura Coriolano
Patricia Kopatchinskaja: Danse Macabre (Superbia) 
Franz Joseph Haydn: Sinfonía núm. 94 en Sol maior, «A sorpresa»

Patricia Kopatchinskaja, unha das intérpretes máis singulares e carismáticas do panorama musical actual, asume neste concerto a dobre condición de violinista e directora. Coñecida polas súas propostas escénicas pouco convencionais e por un repertorio violinístico de extraordinaria amplitude, traslada á dirección a experiencia acumulada xunto a algunhas das figuras máis destacadas da batuta contemporánea. A súa concepción da música, libre de convencións e profundamente persoal, maniféstase tamén na súa característica presenza en escena, á que acode descalza, como quen procura experimentar as vibracións do mundo. Esa intensidade expresiva percorre un programa que se inicia coa abertura Coriolano de Beethoven e a de Don Giovanni de Mozart, dúas pezas escritas en modo menor que condensan unha poderosa tensión dramática. O Concerto para violín en re menor de Mendelssohn, composto con apenas trece anos, destaca pola amplitude melódica, o refinamento harmónico e o virtuosismo da escrita solista. A cita conclúe coa Sinfonía núm. 94 de Haydn, coñecida como A sorpresa. Estreada en 1792, a obra converteu o célebre golpe de efecto do seu segundo movemento nun dos xestos máis memorables e enxeñosos do Clasicismo.

Ás 19.15 h, Conversando con... Patricia Kopatchinskaja na Sala Mozart

Duración: 
90 MIN
Acceso: 

Entradas á venda a partir do 22 de setembro en: 

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, persoas con discapacidade, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 4 Febreiro, 2027
20:00
Auditorio de Galicia