DOCS CINEUROPA
XOV 12, 21:00 | NUMAX
DOM 22, 12:00 | SALÓN TEATRO
Sergio Sotelo
Estados Unidos, España / 49 min. / Documental / Inglés
Ficha técnica:
Guión, fotografía e edición: Sergio Sotelo
O set de BeLive da Cambridge Community Television (EEUU) é -desde hai tres décadas- o escenario dun iconoclasta
experimento de participación cidadá. Un experimento en formato “do-it-yourself-TV” que busca promover o dereito á liberdade de expresión. A través do sinal televisivo da canle 9, e en rigoroso directo, cóase tamén o teatro da comedia humana.
Sergio Sotelo
Sergio Sotelo é xornalista e produtor multimedia radicado en Boston desde hai máis dunha década. Con anterioridade á súa chegada a Estados Unidos, formou parte das redaccións de varios xornais de Ecuador e Arxentina, onde traballou como reporteiro e editor. Sondergut, que desenvolveu mentres cursaba o Máster en Documental de Creación da Universidade Pompeu Fabra, en Barcelona, é a súa ópera prima.