SONDERGUT (2020)

DATOS BÁSICOS

DOCS CINEUROPA 

XOV 12, 21:00 | NUMAX
DOM 22, 12:00 | SALÓN TEATRO

Sergio Sotelo
Estados Unidos, España / 49 min. / Documental / Inglés

Ficha técnica:
Guión, fotografía e edición: Sergio Sotelo

O set de BeLive da Cambridge Community Television (EEUU) é -desde hai tres décadas- o escenario dun iconoclasta
experimento de participación cidadá. Un experimento en formato “do-it-yourself-TV” que busca promover o dereito á liberdade de expresión. A través do sinal televisivo da canle 9, e en rigoroso directo, cóase tamén o teatro da comedia humana.

Sergio Sotelo
Sergio Sotelo é xornalista e produtor multimedia radicado en Boston desde hai máis dunha década. Con anterioridade á súa chegada a Estados Unidos, formou parte das redaccións de varios xornais de Ecuador e Arxentina, onde traballou como reporteiro e editor. Sondergut, que desenvolveu mentres cursaba o Máster en Documental de Creación da Universidade Pompeu Fabra, en Barcelona, é a súa ópera prima.

 

Duración: 
49 MIN
Entradas: 
  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

 

PRÉGASE USO PREFERENTE PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS DA PÁXINA WEB COMPOSTELACULTURA.GAL

 

CONSULTA PROTOCOLO ACCESO ESPECTÁCULOS NO PORTAL DESTA WEB

Funcións: 
Xoves, 12 Novembro, 2020
21:00
NUMAX