CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
SOME CAME RUNNING / COMO UN TORRENTE (1958)
Vincente Minnelli
Estados Unidos / 137 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Frank Sinatra, Dean Martin, Shirley MacLaine, Arthur Kennedy, Martha Hyer
Ficha técnica:
Guión: John Patrick, Arthur Sheekman. Baseado na novela de James Jones
Fotografía: William H. Daniels
Edición: Adrienne Fazan
Produción: Sol C. Siegel
Sinopse:
Despois da guerra e tras dezaseis anos lonxe da casa, Dave Hirsh, un escritor frustrado e alcohólico, volve á súa cidade natal de Parkman, Indiana, arrastrando consigo un pasado de fracasos, rancores familiares e a compañía accidental de Ginnie, unha muller de vida alegre. O reencontro co seu irmán Frank reabre vellas feridas e evidencia as tensións dunha sociedade pequena e hipócrita, onde a aparencia importa máis ca a verdade. Mentres Dave tenta afogar o seu desencanto entre o alcol e as partidas de póker, coñece a Gwenn, unha profesora de literatura que lle esperta a ilusión de redimirse e retomar a escritura. Ginnie, pola súa banda, permanece ao seu carón cun amor sincero e desinteresado que a condena ao desengano.