SOFIA + EVA GEIST & MARÍA TORRES + ANDRÉS RODRIGUEZ + IVÁN NESPEREIRA

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2022

Sofia + Eva Geist & Maria Torres present “Aqua Mantras” + Andrés Rodrigues + Iván Nespereira ft. INCRA

 

Andrés Rodrigues + Iván Nespereira ft. INCRA

Incra é unha proposta audiovisual que, a través da semiótica da imaxe e do son presente no traballo do ferro, propón un espectáculo industrial que experimenta coa abstracción dos elementos da forxa. Fusiónase, para iso, a xeito iconoclasta, cunha deconstrución do son da gaita, propondo unha concepción non identitaria do instrumento que permita buscar novos horizontes para crear un espazo sonoro e visual absorbente e intenso.

Tras máis de tres anos de investigación musical e antropolóxica, Andrés Rodrigues presenta esta proposta conceptual na que se une a Iván Nespereira aos AV/AV para crear uns espazos de abstracción sensorial no que o público se mergulla nunha atmosfera laboral deconstruída que convida a revisitar e desprazar estes lugares e oficios. Coa produción do vasco Xabier Erkizia e a gravación dos ferreiros de Mazonovo en Santalla de Ozcos, o espectáculo penétrase no máis profundo do ferro, do mineral ou da auga, permitindo asimilar novos discursos sonoros e visuais dos elementos fundamentais.

Sofia

Sofía é unha combinación de loops sinxelos cunha voz suave e tímida que de seguida se fortalece mediante a multiplicación progresiva en harmonías baixo un fraseo contundente. Por baixo destes elementos atopamos distorsións e ambientes acompañados de rítmicas medias e rápidas de baixa fidelidade. As súas composicións son minimalistas e oníricas, irónicas e ás veces crúas. Son cápsulas de xel que, ao mordelas, transpórtannos a paisaxes que son á vez caseiras e alucinóxenas. Amor e rabia, sarcásticos e inocentes, mesturados con motivos medievais e mediterráneos; sintetizadores rotos, campaíñas, ruído e flores.

Eva Geist

Deseñadora de son, intérprete en directo e produtora afincada en Berlín, Andrea estudou Artes Escénicas e Novos Medios en Roma. Desde 2010, Andrea formou parte do dúo de synth pop le Rose. En 2013 trasladouse a Berlín e publicou "Magic Mirror", primeiro EP como artista solista. En 2016 logrou unha formación avanzada en deseño de son e deu a luz ao seu alter ego Eva Geist. O EP Dniheb do selo francés Macadam Mambo saíu en 2016. A música de Geist constrúe unha viaxe musical cinematográfica arredor de melodías enrarecidos, arpegiadores, ritmos suaves e disco espacial. "Drum box bossa and trance inducing synthesis" trenzan unha historia enigmática que ten como contraparte o tribalismo moderno e a tecnocracia espiritual. O seu primeiro álbum "Äquator System" foi lanzado polo selo independente estadounidense Elestial Sound (cinta/dixital).

Xunto con Laura ODL (Ondula), Geist é a metade do dúo As Longitude (Knekelhuis /NH).

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
Funcións: 
Xoves, 6 Outubro, 2022
21:30
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela