IBUPROFENO TEATRO
Traxicomedia sórdida. Unha historia de sexo, drogas, rock and roll, enfermidade, violencia, prostitución, vandalismo, morte e, por suposto, de amor.
Ritchie (Blackmore) vive ancorado no rock and roll dos 70, ten unha tenda de discos e vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta, estuda filosofía na universidade. A súa unión sobrevive despois de case 25 anos de crise matrimonial permanente, formando un círculo vicioso enfermizo, un sistema de relacións de dependencia imposible de desenlear. Este "status quo" absurdo, en continua combustión, vese ameazado pola aparición de Álex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora que se namora perdidamente de Janis, ao tempo que establece unha fonda amizade con Ritchie.
A intervención de Joan (Baez), empregada de banca que xestiona a hipoteca de Ritchie, clienta de Álex, propicia un final pateticamente feliz ao enredo amoroso-financeiro entre este grupo de seres humanos fracasados, torpes, perdedores, frustrados, desgastados e maltratados pola vida, que provocan tenrura e compaixón.
Dirección e texto: Santiago Cortegoso
Reparto: Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas e Mon Orencio
Movemento escénico e axudante de dirección: Carmela Bueno
Espazo escénico: Pablo Giráldez 'O Pastor'
Deseño de iluminación: Salvador del Río
Deseño de vestiario: Marián Bañobre
Caracterización: Baia Fernández
Espazo sonoro: Mon Orencio
Imaxe: Diego Seixo
#posfunción: 17 de febreiro ao remate do espectáculo
Idade recomendada: > 14
Lingua: galego