CHECK-IN PRODUCCIONES
Shock 2 empeza onde acabou Shock 1, que iniciaba co auxe da doutrina monetarista de Milton Friedman e os seus Chicago Boys, e que continúa avanzando a través da 2ª metade do século XX. Shock 2 comeza nos anos 80, coa revolución conservadora capitaneada en Europa por Margaret Thatcher e en EEUU por Ronald Reagan e culmina no primeiro gran shock do século XXI: a guerra de Iraq, guerra da que fomos partícipes. Porque diso trata Shock, de reflexionar sobre en que medida somos partícipes da nosa historia, dos nosos shocks, dos nosos golpes, da nosa violencia.
Wojtila, Yeltsin, Deng Xiaoping, Mandela, a familia Bush, os Aznar, Rumsfeld, Cheney ou Saddam, ademais de Margaret ou Ronnie son algúns dos personaxes da nosa obra. Tamén os miles de anónimos, auténticos protagonistas de Shock, o pobo. O pobo iraquí, o pobo sirio, o pobo americano, o pobo español, o pobo kurdo... Moscú, Washington, Johannesburgo, Polonia, Iraq, Afganistán, os campamentos de Sabra e Chatila en Líbano, o Hotel Palestina en Bagdad ou a praza de Tiananmen en Pequín serán os nosos escenarios.
Texto: Andrés Lima, Albert Boronat, Juan Cavestany e Juan Mayorga. Baseado en feitos reais, textos de Olga Rodríguez e Alba Sotorra
Dramaturxia: Andrés Lima, Albert Boronat (Inspirada en ‘A doutrina do Shock’
de Naomi Klein’)
Dirección: Andrés Lima
Reparto: Antonio Durán ‘Morris’, Alba Flores, Natalia Hernández Arévalo, María Morales, Paco Ochoa, Willy Toledo, Juan Vinuesa
Produción: Centro Dramático Nacional, Checkin Prod. Joseba Gil
Axudante de dirección: Laura Ortega
Escenografía e vestiario: Beatriz San Juan
Iluminación: Pedro Yagüe
Composición musical/son: Jaume Manresa
Deseño de vídeocreación: Miquel Ángel Raió
Caracterización: Cécile Kretschmar
Deseño de son: Enrique Mingo
Idade recomendada: > 18
Duración de 150 min incluídos 15 minutos de intermedio
Lingua: castelán