LEMBRANZA DE LANZMANN
Dirección: Claude Lanzmann
Francia, Reino Unido / 1985 / Longametraxe / Documental / Alemán, Hebreo, Polaco, Iídiche, Francés, Inglés
Ficha técnica
Guión: Claude Lanzmann.
Fotografía: Dominique Chapuis, Jimmy Glasberg, William Lubtchansky.
Edición: Ziva Postec, Anna Ruiz.
Produción: Les Films Aleph / Historia / Ministère de la Culture de la Republique Française.
Sinopse
Shoah ('aniquilación' en lingua hebrea) é unha revisión da memoria do Holocausto en primeira persoa. As vítimas, as testemuñas, todos aqueles que viviron o horror e poden, obrigándose a lembrar, devolver ao presente unha realidade que non debe caer no esquecemento.
Premios
- Mellor documental polo Círculo de Críticos de Nova York 1985.
- Mellor documental pola Asociación de Críticos Norteamericanos 1985.
- Premio OCIC (mención de honra) no Festival de Berlín 1986.
- Mellor documental nos BAFTA 1986.