SHINJUKU MAD

DATOS BÁSICOS

Dirección: Kôji Wakamatsu

Xapón / 1970 / Longametraxe / Ficción / Xaponés

Ficha artística

Yuko Ejima, Makiko Harada, Akiko Hirooka, Yôko Ohno, Etsuko Sakata, Tadaharu Sekine, Toshiyuki Tanigawa, Mikio Terashima.

Ficha técnica

Guión: Masao Adachi.
Fotografía: Hideo Itoh.
Música: Shinki Chin, Megumi Ishikawa, Hiro Tsunoda, Hiro Yanagida.
Produción: Wakamatsu Production.

Sinopse

Shinjuku Mad narra o descenso aos infernos dun carteiro rural polas rúas do distrito toquiota de Shinjuku -epicentro dos movementos contraculturais da época-, que busca a verdade sobre o asasinato do seu fillo Jyuro Makita, un estudante de arte dramática. A desesperación do pai choca frontalmente co amor libre, o consumo de dro­gas e a ruptura cos valores tradicionais reinantes en Shinjuku.

Duración: 
65 minutos
Entradas: 

Entrada libre ata completar aforo

Funcións: 
Mércores, 21 Novembro, 2018
21:15
Multicines Compostela