SHE DIES TOMORROW (2020)

DATOS BÁSICOS

PANORAMA INTERNACIONAL

MAR 10, 20:30 | LUN 16, 20:30 | NUMAX

 

Amy Seimetz

Estados Unidos / 84 min. / Ficción / Inglés

 

Ficha artística:

Kate Lyn Sheil, Jane Adams, Kentucker Audley, Katie Aselton, Chris Messina, Tunde Adebimpe, Jennifer Kim, Adam Wingard

Ficha técnica:

Guión: Amy Seimetz
Fotografía: Jay Keitel
Edición: Alex Hartley
Produción: Justin Benson, David Lawson Jr., Aaron Moorhead

 

Amy ten un mal presentimento: está absolutamente convencida de que vai morrer mañá. Cando llo conta á súa amiga Jane, esta trata de quitarlle a idea da cabeza, pero pouco despois ela comeza a ter esa mesma sensación, como confesa na festa de aniversario da súa cuñada. E a cousa non rematará aquí.

 

Amy Seimetz

(Florida, Estados Unidos, 1981)
É un dos rostros máis coñecidos do cinema independente estadounidense, aparecendo en títulos como Tiny furniture (2010), Ti es o seguinte (2011) ou The sacrament (2013). Debutou como directora con Sun don’ t shine (2012) e é cocreadora da serie The girlfriend experience.

Co apoio do Programa Creative Europe da Unión Europea, proxecto Wom@rts.

Duración: 
86 min
Entradas: 

VENDA E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Martes, 10 Novembro, 2020
20:30
NUMAX