SENSOXENOMA26 - V ANIVERSARIO

DATOS BÁSICOS

TEMPORADA «MEMORIA» · CONCERTOS FÓRA DE ABONO

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

Programa sorpresa

Música e ciencia volven darse a man na quinta edición de Sensoxenoma, un proxecto pioneiro que investiga o impacto da experiencia musical na saúde e no benestar das persoas. Impulsado
polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia e coa participación da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, o
proxecto volverá converter o Auditorio de Galicia nun espazo de encontro entre investigación e creación artística. A través desta singular alianza entre arte e ciencia, afóndase no estudo dos efectos da música sobre o organismo e a saúde cerebral, abrindo novas vías de coñecemento nun ámbito de gran proxección. Os resultados obtidos ao longo das edicións anteriores reforzan o potencial transformador da música e consolidan unha liña de traballo que sitúa Galicia na vangarda da investigación internacional.

Sensoxenoma constitúe tamén un exemplo do valor da colaboración entre institucións científicas, culturais e sociais, demostrando como a suma de coñecementos e sensibilidades pode contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas e a fortalecer o papel da cultura como ferramenta de transformación social.

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • Oa convites serán válidos ata 10 min. antes do inicio do concerto. Pasado ese tempo as localidades dispoñibles poranse á disposición das persoas interesadas.

 

 

Info práctica: 
Venres, 25 Setembro, 2026
19:30
Auditorio de Galicia