Portada
Música
Escena
Visual
Cineuropa
Familia
Didáctica
Letras
Acceso usuarios/as
Axenda C
Calendario
Buscador
Contacto
Aviso legal
PORTAL INSTITUCIONAL
Auditorio de Galicia
Teatro Principal
Zona C
Alugueiro de salas
Compostelánea
Sede Electrónica
Portal de Transparencia
Banda Municipal
Curtocircuito
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea
e-auditoriodegalicia.net
A Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela póñense baixo a dirección de Baldur Brönnimann para levar a cabo Sensoxenoma24.
Sensoxenoma é un proxecto desenvolvido polo IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria) e a Real Filharmonía de Galicia, no que se aborda cientificamente a resposta do noso xenoma (ADN) fronte ao estímulo musical. En setembro de 2022 fíxose o primeiro concerto deste proxecto que agora repetimos. Nel, faise unha recollida de mostras biolóxicas a persoas doadoras voluntarias que permitirá estudar como se expresan os xenes antes e despois de escoitar o programa sorpresa que ofrecerá a orquestra.
As persoas interesadas en participar nesta investigación poden asistir ao concerto de balde, previo rexistro nesta ligazón. O equipo de Sensoxenoma porase en contacto coas persoas para solicitantes para confirmar a dispoñibilidade de prazas e transmitirlles as instrucións de participación.
PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS