SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE

DATOS BÁSICOS

Compostela garda nas súas rúas, prazas e edificios un legado histórico e artístico como poucas cidades no mundo poden presumir.

Porén non toda esta herdanza monumental de séculos pode ser visitada durante o ano.

A Semana do Patrimonio Invisible é un ciclo programado pola Área de Acción Cultural do Concello de Compostela que abre as portas de tesouros, habitualmente fechadas, e deseña unhas visitas guiadas de pequenos grupos para que os seus usuarios garden na memoria unha experiencia cultural única. Conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Noite do Patrimonio
A SPI tamén inclúe a Noite do Patrimonio. É unha actividade conxunta de todas as cidades españolas que obtiveron o distintivo de Patrimonio Mundial da UNESCO. Actualmente 15 núcleos históricos forman parte desta rede na que Compostela é a única representante galega.

 

CONVERSAS NO CLAUSTRO: Baixo a atenta mirada do claustro procesional máis importante da cidade, deseñaremos un diálogo sobre os retos e as problemáticas das cidades patrimonio no ano 2020, nun formato restrinxido e informal. Entrada de balde ata completar aforo.
19.00 h _ Claustro procesional de San Martiño Pinario
Presenta:
Mercedes Rosón, Concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela
Relatores:
- Ángel Rosado, Xerente do Grupo de Ciudades Patrimonio de España
- Belén Hernández, Xerente do Consorcio de Santiago de Compostela
- David Barreiro, Investigador do INCIPIT-CSIC

VISITAS GUIADAS
20.00 e 20.45 h _ San Martiño Pinario. Igrexa, claustros e espazo segredo.
Duración da visita: 60 minutos. Acceso porta de igrexa e saída porta de San Francisco.

 

PROGRAMA NA PRAZA DA QUINTANA
22.00 h _ Praza da Quintana
Cláudia Dias
SEGUNDA-FEIRA: ATENÇÃO À DIREITA
Espectáculo de danza contemporánea. Entrada libre

 

Reserva a túa praza nas visitas guiadas!

As visitas guiadas que realizamos na Semana do Patrimonio Invisible baséanse en dúas premisas: A calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais que visitamos. Por este motivo as prazas para cada quenda de visitas son limitadas. Queremos garantir o acceso á actividade ao maior número de persoas, polo que cada solicitante poderá reservar un máximo tres visitas para dúas persoas.

Para inscribirte manda un correo electrónico a spicompostela@gmail.com respectando esa indicación de un máximo de 2 persoas e para un máximo de 3 visitas. Poderás inscribirte a partir do mércores 11 de setembro ás 16.00 h e o proceso de reserva precisa da confirmación mediante correo electrónico por parte da organización a cada visitante.

Tes o horario de todas as visitas programadas no folleto do ciclo que podes descargar a continuación.

Entradas: 

Todas as actividades son de balde.

Para as visitas precísase inscrición previa.

Funcións: 
Mércores, 18 Setembro, 2019 a Domingo, 22 Setembro, 2019
Varios lugares