Semana do Patrimonio Invisible 2025

DATOS BÁSICOS

Compostela garda nas súas rúas, prazas e edificios un legado histórico e artístico co que poucas cidades no mundo poden competir. Porén, boa parte desta herdanza monumental permanece oculta, fóra dos circuítos habituais de visita e descoñecidos para a propia cidadanía.

A Semana do Patrimonio Invisible é o ciclo, impulsado polo Concello de Santiago a través de Compostela Cultura, que se encarga de cambiar isto. O seu obxectivo é abrir as portas de auténticos tesouros, habitualmente fechados, e deseñar unhas visitas guiadas exclusivas en pequenos grupos para garantir aos participantes unha experiencia cultural única e inesquecible. A calidade narrativa e a máxima protección do patrimonio son as premisas que rexen este evento, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Esta sétima edición, que se celebra do 1 ao 5 de decembro, conmemora o 40.º Aniversario da declaración de Santiago de Compostela como Cidade Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO (4 de decembro de 1985), un fito histórico para Galicia.

Máis de 700 persoas poderán participar nas visitas a unha ducia de propostas diferentes, sete delas novidades que serán abertas ao público por primeira vez: Pazo Arcebispal, Escavacións da Catedral, Auditorio de Galicia, Compañía de María, Casa da Parra,  Colexiata do Sar e unha nova visita secreta. A oferta complétase con visitas a outros espazos, como os singulares Mananciais de Compostela, o CSC da Trisca, o Cemiterio e capela do Rosario, o Teatro Principal e a visita temática Santiago Patrimonio Mundial.

Para participar en calquera dos grupos, é preciso realizar inscrición previa a través do formulario de reservas que estará dispoñible o xoves 27 de novembro, ás 12 horas en patrimonioinvisible.gal.

Para facilitar o acceso á actividade ao maior número de persoas posible, cada solicitante poderá reservar un máximo dunha visita para dúas persoas.

 

LIGAZÓN RESERVAS

 

Acceso: 
  • Reserva de prazas a partir do xoves, 27 de novembro, ás 12.00 horas en patrimonioinvisible.gal
  • Cada solicitante poderá facer como máximo unha reserva para dúas persoas 
Info práctica: 
Luns, 1 Decembro, 2025 a Venres, 5 Decembro, 2025
Varios lugares