SELIC. FESTIVAL DA LECTURA 2023

DATOS BÁSICOS

Abre a sétima edición da Selic Festival da Lectura 2023, dirixida de novo por Camilo Franco. A programación  desenvolverase, do 9 ao 18 de xuño, na carpa habilitada na Praza da Quintana.

A visita á oferta literaria da carpa –con 24 librarías e editoras– complétase con paseos literarios, recitais, conversas, contacontos ou sinaturas de libros, actividades que se dirixen a todos os públicos.

O Concello de Santiago editou na primeira Semana do Libro de Compostela, no 2017, unha colección de libriños pensados para serviren, dun xeito modesto, de caixa de resonancia para escritores e escritoras relacionados coa cidade. Nesta edición mantén a aposta polo libro e publica novos volumes. Pódense escoitar a versión  dalgúns destes relatos na versión audiolibros.

Podes consultar a programación no pdf descargable que atoparás ao final deste evento e tamén podes consultar na web da SELIC

Non perdas esta cita coa literatura en galego!

Funcións: 
Venres, 9 Xuño, 2023 a Domingo, 18 Xuño, 2023
Praza da Quintana