CINEUROPA
SECCIÓN PARALELA · O CINEMA DA CONSPIRACIÓN
SECONDS / PLAN DIABÓLICO (1966)
John Frankenheimer
Estados Unidos / 107 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Rock Hudson, Salome Jens, Will Geer, John Randolph
Ficha técnica:
Guión: Lewis John Carlino. Baseado nunha novela de David Ely
Fotografía: James Wong Howe
Edición: David Newhouse, Ferris Webster
Produción: Edward Lewis
Sinopse:
Arthur Hamilton, un banqueiro que vive días grises e decepcionantes a carón da súa familia, comeza a recibir a presión dun amigo que cría morto e que o anima a visitar A Compañía. Alí ofréceselle a oportunidade de se someter a unha complexa cirurxía estética que mudará completamente o seu aspecto físico, permitíndolle deixar atrás o seu pasado e reiniciar a súa vida. Aínda que Arthur decide aceptar a proposta, debe cuestionarse se este cambio realmente lle vai asegurar un futuro feliz ou se, pola contra, só vai acentuar a súa insatisfacción e baleiro existencial.
Seleccionada no Festival de Cannes 1966