CINEUROPA
NOVOS/AS CINEASTAS
SAINT OMER (2022)
Alice Diop
Francia / 123 min / Ficción / Francés
Ficha artística:
Kayije Kagame, Guslagie Malanda, Valérie Dréville, Aurélia Petit, Xavier Maly, Robert Cantarella, Salimata Kamaté, Thomas De Pourquery
Ficha técnica:
Guión: Alice Diop, Marie Ndiaye
Fotografía: Claire Mathon
Edición: Faruk Yusuf Akayran, Amrita David
Produción: SRAB Films, ARTE France Cinéma
Sinopse:
Tribunal de xustiza de Saint-Omer. Rama, unha novelista que quere escribir sobre o mito de Medea, asiste ao xuízo de Laurence Coly, unha muller acusada de matar a súa filla de 15 meses ao abandonala nunha praia do norte de Francia. Mais, así que avanza o xuízo, as palabras dos acusados e os testemuños sacudirán as conviccións de Rama e poñerán en dúbida o noso propio xuízo.
Alice Diop (Seine-Saint-Denis, Francia). Estudou Historia e Socioloxía visual na Sorbona e desde o 2005 dedicou a súa traxectoria á realización de documentais. As súas curtas e mediometraxes foron asiduamente seleccionadas en festivais internacionais. We, o seu debut na longametraxe, foi un éxito na Berlinale 2021 e foi galardoado co premio ao mellor documental e á mellor película na sección Encounters. Saint Omer é a súa primeira obra de ficción.
Gran Premio do Xurado e Mellor ópera prima no Festival de Venecia 2022