SÚS & MEL

DATOS BÁSICOS

sús é o proxecto a solo da artista portuguesa Susana Nunes,  unha proposta entre a electrónica experimental e o art pop que se move entre diferentes formatos de expresión artística, a
música electrónica de vangarda, o fado e a lírica portuguesa, sempre co son e a exploración da voz como vehículo principal.

Mel é un proxecto liderado por Lucas de Centi e Sandra Pérez que explora a mestura de diferentes estilos de música electrónica con elementos da música tradicional e do jazz. A súa aposta por un espectáculo baseado na improvisación conta coa participación de Antía Muíño na voz e con Miguel Arribas nos saxos e efectos sonoros.

Lucas de Centi – marimba, vibráfono e electrónica
Sandra Pérez - marimba, vibráfono e electrónica
Miguel Arribas – saxo
Antía Muíño - voz

 

Advertencia: Haberá algúns momentos nos que se usen efectos de luz estroboscópica que poden afectar a persoas con determinadas doenzas.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Sábado, 22 Xuño, 2024
20:00
Teatro Principal