XAMPATITO PATO
(Circo)
Idade recomendada: 1º e 2º Primaria
Duración: 50 min
Lingua: Galego
Un personaxe obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Un ser único na súa especie rodeado dun sen fin de caixas que escapan ó seu control e coas que xoga para dar forma ó seu mundo. Do caos xurde un universo delirante onde inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.