Diante un eco é o oitavo traballo discográfico da cantautora galega. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días.
Diante un eco é tamén para SÉS unha volta aos inicios, pero desde o oficio e a madurez, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.
SÉS, acompañada de toda a súa banda, voltará pisar as táboas dos principais escenarios de Galiza, do estado español e de Latinoamérica para presentar ao vivo este novo disco.
SÉS
SÉS é unha cantautora coruñesa de traxectoria ascendente e imparable que trala súa irrupción no mercado no ano 2011 está considerada pola prensa como “a revolución da escea musical galega”.
Se algo podemos destacar de SÉS é a súa enorme carisma e forza persoal, xa de sobra demostrada en centos de concertos en moi diferentes escenarios, vila tras vila e cidade tras cidade.
Pouco a pouco e gracias á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse, foi conquistando ao público cun caudal de enerxía que clama pola unión no cuestionamento do establecido.
O estilo de SÉS mistura coas doses exactas os ingredientes desa fórmula máxica que consiguen un resultado orixinal e xenuino: rock’n roll, tradición oral galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericana con actitude punk, reinvindicación e manexo escénico cunha constante e permanente interlocución cos seus seguidores dentro e fóra dos escenarios.
O seu discurso valiente, novedoso, contundente e directo fan da figura de SÉS a voz de moitos, o altofalante certeiro que defende aquelo no que sería ideal crer.
SÉS é unha traballadora incansable que editou oito discos en once anos, e que a levou a percorrer escenarios de todo o mundo.