SÉS

DATOS BÁSICOS

SÉS presenta 'Rabia ao silencio'

A “rabia ao silencio” que cantaba Yupanki da nome a este espectáculo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.

Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un espectáculo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten acostumados, para traer á Galiza do s. XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil...), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes SoSa ou Zeca Afonso. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

María Xosé Silvar "SES" - voz, guitarra e percusión

Sabela Galbán - voz, acordeón e flauta

Tito Calviño - guitarra

Duración: 
100
Información da billeteira: 

12 euros (descontos habituais do 50%)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Sábado, 13 Abril, 2019
20:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural