RYOICHI KUROKAWA A/V + BEATRIX WEAPONS LIVE

DATOS BÁSICOS

Ryoichi Kurokawa

-- ruinas: os restos da arquitectura construída polo home --

 s.asmbli / subassemblies é un proxecto que busca a relación entre a natureza e a construción humana a través dunha perspectiva de escala arquitectónica. O proxecto asume diferentes formatos de presentación, como son unha peza de concerto, instalacións multipantalla, impresións, realidade virtual e unha versión de proxección.

As fontes principais deste proxecto son os datos 3D conseguidos mediante o escaneo láser de arquitectura de construción humana, ruinas e natureza, que se distorsionan e reconstrúen en cada módulo como subconxuntos de cara a crear unha liña temporal renovada con capas alternas de orde e desorde, á vez que se expón a forza da natureza e da arte.

As ruínas, os edificios invadidos pola natureza e as arquitecturas en decadencia superpóñense e reconstrúense de xeito dinámico, e, como rarezas representadas en múltiples capas de profundidade, amplían a percepción de flotar, non só entre a natureza e a construción humana, senón tamén entre os fenómenos abstractos e os concretos, por medio da súa transición, destrución e renaturalización. Os diversos movementos que experimentan, entre eles a anulación das leis da física, a hibridación entre compoñentes naturais e artificais e a transposición da entropía e neguentropía, acentúan esas singularidades.

A versión de concerto subassemblies presenta unha soa pantalla, iluminación envolvente e sistema de son de 4.1 canles. A versión de instalación re-assembli desenvólvese mediante a reposición de materiais e constrúese no espazo con 4 pantallas envolventes e son de 4.1 canles. in s.asmbli transcorre como renderización alternativa como peza de realidade virtual de 360º, e s.asmbli [ wall ] é outra proxección inmersiva en cubo con instalación cuadrafónica.

Créditos:

Concepto, direción, composición, programación: Ryoichi Kurokawa

Produtor: Nicolas Wierinck

Coprodución: LOXOSconcept (Matera 2019), MUTEK, Stereolux/Scopitone, TodaysArt

Agradecementos: FUTUR 21 / museos industriais LWL e LVR

Producido por Studio RYOICHI KUROKAWA

Beatrix Weapons

A artista murciana Beatrix Weapons é unha das promesas máis efervescentes da escena electrónica de vangarda en España. Produtora de música experimental, pensadora e artista visual, o seu discurso preséntase en forma de melodías post harmónicas, frecuencias dixitais e ritmos afiados coa intención de construír texturas a través dos seus sets.

Deixou a súa pegada en reputados selos internacionais como Infinito Audio, Promesses e, máis recentemente, no berlinés Soul Feeder.

Un proxecto multidisciplinar que discute conceptos sonoros en cabina apoiándose en sons IDM, glitch, techno e industrial, entre outros.

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Venres, 7 Outubro, 2022
22:30
Sala Capitol