ALODEYÁ
Idade recomendada: a partir de 6 anos
Duración: 55 min
Lingua: castelán
EN FAMILIA · ARTES ESCÉNICAS · CIRCO
Unha máquina de Rube Goldberg, desa que desencadea asombrosos e divertidos efectos dominó, irá montándose pouco a pouco sobre o escenario durante o espectáculo. Esa é a trama. Cando vexas voar os obxectos, pensa que o segredo está na física.
Movementos hipnóticos dos malabares con tubos imantados, bolas, diábolos e mazas de luz programadas ao milisegundo forman un espectáculo baseado nas leis da física levado a cabo por dous enxeñeiros con case vinte anos de traxectoria escénica. Física e circo fúndense co humor para poñer en escena Rube.
(Fotografía: Mai Ibargüen)