ROYAL

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C

EN FAMILIA · ARTES ESCÉNICAS · DANZA · CIRCO

PAULA QUINTAS E ARTURO COBAS

Idade recomendada: todos os públicos 
Duración: 50 min 
Lingua: galego

Un espectáculo de circo-danza cheo de ritmo, humor, emoción e acrobacias, onde a linguaxe do corpo se converte na tinta dunha historia escrita no aire. ROYAL preséntase como unha peza cómica que combina o clown poético de Arturo Cobas cos equilibrios e a danza de Paula Quintas, creando unha fusión única de movemento, estética e xogo escénico. Elegancia, enredos e complicidades danse cita nunha proposta chea de frescura que fará rir, sorprender e emocionar a toda a familia, ofrecendo unha experiencia artística tan divertida como evocadora.

Duración: 
50 min
Acceso: 
  • Acceso libre ata completar capacidade
  • Para todos os públicos
  • Duración: 50 min
  • Lingua: galego

 

Info práctica: 
Xoves, 6 Agosto, 2026
20:00
Praza da Quintana