ROTER HIMMEL/ AFIRE - O CEO VERMELLO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

ROTER HIMMEL / AFIRE (O CEO VERMELLO) (2023)
Christian Petzold
Alemaña / 103 min / Ficción / Alemán

Ficha artística:
Thomas Schubert, Paula Beer, Enno Trebs    

Ficha técnica:
Guión: Christian Petzold
Fotografía: Hans Fromm    
Edición: Bettina Böhler    
Produción: Anton Kaiser, Florian Koerner von Gustorf, Simon Ofenloch, Claudia Tronnier, Caroline Von Senden, Michael Weber

Sinopse:
Un verán caloroso e seco, coma tantos nos últimos anos. Unha pequena casa de vacacións a carón do mar Báltico. Xúntanse catro mozos, vellos e novos amigos. Un ceo vermello álzase sobre eles. Paseniño e imperceptiblemente as lapas arrodéanos. Dubidan, teñen medo —mais non polos incendios—, é o amor o que asusta. Felicidade, luxuria e liberación, pero tamén celos, resentimentos e tensións. Unha película suspendida entre o simbolismo e o realismo, ben divertida e asemade fondamente tráxica.

Christian Petzold (Hilden, Alemaña, 1960). É un dos compoñentes máis representativos do movemento chamado Escola de Berlín, xunto a cineastas como Angela Schanelec e Ulrich Köhl. Estudou cinema na Academia Alemá de Cinema e Televisión. Revela internacionalmente o seu talento con Die innere Sicherheit (2000). Dende aquela dirixe títulos como Yella (2006), Jerichow (2008), Barbara (2012), Phoenix (2014), Transit (2018) ou Undine (2020), premiados en multitude de festivais.

Gran Premio na Berlinale 2023
Candidata a mellor filme no Festival de San Sebastián

 

Duración: 
103 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: dende as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre quince minutos antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Martes, 14 Novembro, 2023
20:30
Teatro Principal
Xoves, 16 Novembro, 2023
22:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

Afire - Official Trailer (2023) Thomas Schubert, Paula Beer, Langston Uibel