Portada
Música
Escena
Visual
Cineuropa
Familia
Didáctica
Patrimonio
Acceso usuarios/as
Axenda C
Calendario
Buscador
Contacto
Aviso legal
PORTAL INSTITUCIONAL
Auditorio de Galicia
Teatro Principal
Zona C
Alugueiro de salas
Compostelánea
Sede Electrónica
Portal de Transparencia
Banda Municipal
Curtocircuito
Programa Didáctico
Real Filharmonía de Galicia
Xornadas de Música Contemporánea
e-auditoriodegalicia.net
Roteiros Patrimonio C · Arquitecturas desaparecidas
Achegar á veciñanza a riqueza patrimonial compostelá e reivindicar elementos destacados da historia e a memoria da cidade son os obxectivos dos Roteiros Patrimonio C, unha nova proposta de Compostela Cultura para os xoves de outubro, novembro e decembro, ás 19 horas.
Cada mes haberá unha serie de rutas temáticas guiadas e de balde que permitirán descubrir elementos e espazos patrimoniais pouco coñecidos, alén das vivencias, relatos e persoas que os poboaron. En outubro, a visita 'Arquitecturas desaparecidas' explora como a evolución dunha cidade adoita eixar tras si espazos e edificios que se perden, ben por accidentes, desuso ou mesmo por decisións políticas. As persoas participantes visitarán os lugares e espazos máis relevantes da Compostela que non puido ser.
O prazo de inscrición para todos os itinerarios abrirá o luns 30 de setembro ás 12.00 horas e pechará unha vez se esgoten todas as prazas.
Tanto a confirmación da praza como o punto de saída de cada ruta será comunicado ás persoas inscritas a través de correo electrónico.