THE ROSE / A ROSA (1979)

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA | CICLO 100 ANOS DE PAULINE KAEL:

“A CRÍTICA GUERREIRA”

Mark Rydell

Estados Unidos / 134 min. / Drama, música / Inglés

 

Ficha artística:

Bette Midler, Alan Bates, Frederic Forrest, Harry Dean Stanton, Barry Primus, David Keith, Sandra McCabe

 

Ficha técnica:

Guión: Bill Kerby, Bo Goldman

Fotografía: Vilmos Zsigmond

Música: Paul A. Rothchild

 

Sinopse:

Rose é unha estrela de rock cuxo éxito está estreitamente vinculado ao alcohol e ás drogas. Con todo, co paso do tempo, eses excesos serán a causa do seu declive. Cando Rose, intenta saír dese inferno, pídelle ao seu managerque lle permita coller un respiro, pero el négase. Daquela ela busca consolo e amor nos brazos dun atractivo lampatín que non poderá seguir o ritmo frenético da súa vida de excesos.

 

1980: candidatura ao mellor filme estranxeiro nos Premios César

1980: candidatura á mellor actriz (Bette Midler) e ao mellor son nos Premios BAFTA

1979: candidatura á mellor actriz (Midler), ao mellor actor secundario (Forrest), á mellor montaxe e ao mellor son nos Premios Óscar

1979: premio á mellor actriz de musical/comedia, á mellor actriz revelación (Midler) e á mellor canción e cinco candidaturas nos Globos de Ouro

1979: candidatura á mellor actriz (Midler) e ao mellor actor secundario nos Premios do Círculo de Críticos de Nova York

Duración: 
2 h 05 min
Entradas: 

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Funcións: 
Venres, 15 Novembro, 2019
22:25
Multicines Compostela
Martes, 26 Novembro, 2019
17:10
Multicines Compostela