CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
R.M.N. (2022)
Cristian Mungiu
Romanía / 125 min / Ficción / Romanés, húngaro, alemán, inglés, francés, cingalés
Ficha artística:
Marin Grigore, Judith State, Macrina Barladeanu, Orsolya Moldován, Rácz Endre
Ficha técnica:
Guión: Cristian Mungiu
Fotografía: Tudor Vladimir Panduru
Edición: Mircea Olteanu
Produción: Les Films du Fleuve, Mobra Films Productions, Why Not Productions, Filmgate Films, Film I Väst, France 3 Cinéma
Sinopse:
Uns días antes do Nadal, Matthias volve á súa poboación natal, unha localidade multiétnica de Transilvania, tras deixar o seu traballo en Alemaña. Está preocupado polo seu fillo, Rudi, que medrou sen el, e polo seu pai, Otto, que quedou só, e desexa volver ver a Csilla, a súa exmoza. Trata de se implicar máis na educación do neno, que botou demasiado tempo a cargo da súa nai, Ana, e quéreo axudar a superar os seus medos irracionais. Cando a fábrica que Csilla dirixe decide contratar a empregados estranxeiros, a paz desta pequena comunidade verase perturbada e as inquedanzas afectarán tamén os adultos. As frustracións, os conflitos e as paixóns volverán aflorar, rompendo a paz aparente da comunidade.
Cristian Mungiu (Iasi, Romanía). Estreou a súa primeira longa, Occident (2002), na ‘Quinzaine des réalisateurs’ de Cannes. No 2007 gañou con 4 luni, 3 saptamâni se 2 zile a Palma de Ouro en Cannes e o Gran Premio FIPRESCI en San Sebastián. No 2012 obtivo con Dupa dealuri os premios ao mellor guión e á mellor actriz tamén no Festival de Cannes. No 2016 recibiu o premio ao mellor director por Bacalaureat neste certame francés, no que volveu a competir este ano con R.M.N.
Sección Oficial do Festival de Cannes 2022