RIMINI

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

RIMINI (2022)

Ulrich Seidl

Alemaña, Austria / 114 min / Ficción / Alemán, italiano, inglés

Ficha artística:

Georg Friedrich, Hans-Michael Rehberg, Claudia Martini, Silvana Sansoni, Michael Thomas

Ficha técnica:

Guión: Veronika Franz, Ulrich Seidl

Fotografía: Wolfgang Thaler

Edición: Monika Willi

Produción: Philippe Bober, Elisabetta Pilia, Ulrich Seidl

Sinopse:

Dous homes, dous irmáns, o fogar da súa infancia na Baixa Austria. Brindan pola súa defunta nai, entérrana. Logo regresan á súa vida real. Un de volta a Romanía, para retomar a súa vida recentemente iniciada, o outro a Rímini, para volver co seu vello soño. Pero tarde ou cedo, serán alcanzados polo pasado que queren deixar atrás.

Ulrich Seidl (Viena, Austria). Un dos grandes provocadores do cinema europeo contemporáneo, o seu retrato retranqueiro das miserias dos seus compatriotas austríacos provocou ben de sarabullos. Safari (2016), Im Keller (2014),Triloxía Paraíso (2012, 2013), Import/Export (2007), Jesus, you know (2003), State of the nation (2001), Dog days (2001), Models (1998), Animal love (1995), Losses to be expected (1992), Good news (1990) son algúns dos seus filmes.

Sección Oficial da Berlinale 2022

Duración: 
114 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Xoves, 17 Novembro, 2022
19:30
Teatro Principal
Venres, 18 Novembro, 2022
20:15
Salón Teatro
MULTIMEDIA

Trailer: RIMINI - von Ulrich Seidl