RIBADAFONTE

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

RIBADAFONTE (2026)

Alberto Sacido

España / 103 min / Galego

Participan:

Mónica Sacido, Patricia Rojas, Martín Tanzi Sacido, Alberto Sacido, Chefa Lorenzo, Aurora Mayán, Jorge Sacido, Laura Lojo, Marco Sacido Lechap, Cloe Sacido Lechap, Jorge Sacido Lojo, Laura Sacido Lojo, Virginia Sacido, Pepe Miró, Santiago Miró Sacido, Valentino Bullían, Paula Morais, Lorena Lores

Ficha técnica:

Guión: Alberto Sacido

Fotografía: Alberto Sacido

Edición: Rubén M. Castellano e Alberto Sacido

Produción: Rubén M. Castellano, Alberto Sacido e Jéssica H. Kalwill

Sinopse:

Durante a comida do día de San Xulián de 2025, a familia Sacido xúntase para rememorar os 400 anos que levan vivindo na casa de Ribadafonte. A conversa céntrase especialmente na historia de dous irmáns, Joaquín e Pepe, que romperon coa tradición dos vinculeiros e buscaron novos horizontes en Portugal e na Arxentina durante os convulsos comezos do século XX.

Alberto Sacido é profesor no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Iniciou a súa traxectoria cinematográfica con Unitarias (2014), un documental sobre a vida e o traballo do seu pai como mestre rural, finalista nos Premios Mestre Mateo e seleccionado en Cineuropa. Posteriormente, escribiu, dirixiu e montou Suso. Fóra de lugar (2024), un documental sobre o escritor Suso de Toro.


Con presentación e coloquio

Duración: 
26 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Sábado, 7 Novembro, 2026
20:30
Salón Teatro
MULTIMEDIA