RFG_ESCOITANDO AS ESTRELAS

DATOS BÁSICOS

Real Filharmonía de Galicia

Co novo ano, xunto a Real Filharmonía de Galicia poderán escoitar un mozo excepcional, o trombonista Peter Moore, solista da London Symphony, tocar un concerto de Jonathan Dove, xunto coa música da nova compositora estadounidense Jessie Montgomery, que se estrea en España, e outro contraste, a sexta sinfonía de Dvorak.

Paul Daniel, director
Peter Moore, trombón

Henri Duparc: Aux étoiles (Ás estrelas)
Jessie Montgomery: Starburst (Estalido estelar)*
Jonathan Dove:  Stargazer (Astrónomo), concerto para trombón e orquestra
Antonín Dvorák: Sinfonía núm. 6 op.60, B.112, en Re maior

*Estrea en España

 

19.45h_CONVERSANDO CON...

Paul Daniel

Sala Mozart

 

 

Duración: 
75 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 19 Xaneiro, 2023
20:30
Auditorio de Galicia