RFG_A NOITE E O AMOR

DATOS BÁSICOS

Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia interpretará tres novas pezas de estrea mundial, da compositora galega Carme Rodriguez -son novas orquestracións de cancións doutra muller que debería escoitarse moito máis, a compositora franco-irlandesa Augusta Holmès-. Serán cantadas por Natalia Labourdette, gañadora do concurso de canto da Asociación de Amigos de ópera de Santiago. No mesmo programa, Alban Berg, e a terceira sinfonía de Brahms, dirixida por Marc Leroy Calatayud.

Marc-Leroy Calatayud, director
Natalia Labourdette**, soprano

Augusta Holmès: Ludus pro patria, la Nuit et l’Amour
Alban Berg: Sieben frühe Lieder (Sete primeiras cancións)
Augusta Holmès: ‘Le désir’,  ‘A Trianon’, ‘En chemin’. Orquestración: Carme Rodríguez *
Johannes Brahms: Sinfonía núm. 3 en fa maior op. 90

* Encarga RFG. Estrea absoluta.
** Gañadora do Concurso de Canto da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago 2021.

 

19.45h_CONVERSANDO CON

Marc-Leroy Calatayud

Sala Mozart

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 9 Marzo, 2023
20:30
Auditorio de Galicia