TEMPORADA ABONO 2021 -22
A RFG vai poñer en escena dúas óperas en coprodución con Amigos da Ópera de Santiago e o Centro Dramático Galego, co apoio do Xacobeo 2021-2022; xunto ás voces da soprano María Hinojosa o barítono César San Martín e o actor Víctor Mosqueira. Abrirá o concerto “La Serva Padrona” de Pergolessi. Estrearase ademais “A sombra de Cristal” de Fernando Buide, unha ópera bufa con texto en galego e dirección escénica de Quico Cadaval, un encargo da RFG e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago.
Paul Daniel, director
María Hinojosa, soprano
César San Martín, barítono
Víctor Mosqueira, actor
Fernando Buide del Real, composición
Quico Cadaval, texto e dirección de escena
Fidel Díaz, iluminación
G. B. Pergolessi: La serva padrona
F. Buide del Real: A sombra de Cristal*
*Estrea absoluta. Encargo RFG e Asociación de Amigos da Ópera de Santiago
Previamente, ás 19.45 h na Sala Mozart, Conversando con... Quico Cadaval e Fernando Buide.