REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
En colaboración co Serviço Educativo da Casa da Música de Porto
Mª Camila Barbosa, directora
Sofia Nereida Pinto, actriz e música
António Miguel Teixeira, actor e músico
Obras de Beethoven
Idade recomendada: Até 12 anos
Duración: 50 min
Lingua: galego
O GRANDE BEETHOVEN
O Grande Beethoven conta a historia do xenial compositor Ludwing van Beethoven, un auténtico inconformista da historia da música, orixinario da cidade alemá de Bönn. Para isto, a Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maria Camila Barbosa e coa complicidade e a colaboración do Serviço Educativo da Casa da Música de Porto, desentrañará algúns pequenos segredos sobre a vida e o (mal?) xenio de Beethoven, amosándonos tamén como funciona o instrumento que hoxe coñecemos como orquestra sinfónica.