TEMAPADA «MEMORIA» CONCERTOS FÓRA DE ABONO
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA E BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
César Ramos, director
Wolfgang Amadeus Mozart: Sinfonía núm. 1 en Mi b maior, KV 16
Fanny Mendelssohn-Hensel: Abertura en Do maior
Georges Bizet: Sinfonía núm. 1 en Do maior (1º mov.)
Gioachino Rossini: Abertura d’O barbeiro de Sevilla
Franz Joseph Haydn: Sinfonía núm. 94 en Sol maior «A sorpresa» (4º mov.)
A música sinfónica volve percorrer os diferentes barrios de Santiago coa nova edición dos Concertos nos Barrios, unha iniciativa coa que a Real Filharmonía de Galicia sae do Auditorio para estreitar lazos coa cidadanía. De carácter gratuíto e conducidos polo novo director asistente, César Ramos, estes encontros ofrecen unha oportunidade para descubrir de maneira próxima e accesible os grandes eixes da tempada da orquestra.
A través dun formato comentado e próximo ao público, a RFG procura derrubar as barreiras invisibles que ás veces afastan a música clásica da cidadanía e reivindicar a súa capacidade para emocionar, conectar e formar parte da vida colectiva.
Unha iniciativa que aposta pola proximidade, a conversa e o acceso á cultura como ferramentas para construír unha comunidade máis participativa e culturalmente activa.