RFG: Á MEMORIA DUN ANXO

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Rubén Gimeno, director

Marta Infante, mezzosoprano

Birgit Kolar, violín

19. 45 h Sala Mozart: Conversando con... Rubén Gimeno, Joam Trillo e Montse Capelán

 

O compositor galego Andrés Gaos será protoganista dun novo concerto de abono da RFG, no que tamén poderemos gozar da interpretación da solista Birgit Kolar, que interpretará o concerto para violín 'Á memoria dun anxo' de Berg. Antes do concerto poderemos conversar co mestre Rubén Gimeno, o compositor Joam Trillo e coa investigadora da USC Montse Capelán.

 

Programa

A. Gaos: Impresión nocturna

A. Gaos (orq. J. Trillo): Rosa de Abril/Au point du jour/La rose/Fleur/Premier Printemps!

A. Gaos (orq. J. Trillo): Temporal

R. Vaughan Williams: Fantasía sobre un tema de Thomas Tallis

A. Berg: Concerto para violín "A memoria dun Anxo"

Duración: 
90' aprox.
Información da billeteira: 

15 € (descontos habituais do 50%)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

 

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Mércores, 17 Abril, 2019
20:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia