RFG ·CONCERTO DE REIS - A CINCENTA · ABONO

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Baldur Brönnimann, director

Lorena Conde, dramaturxia

Belén Constenla, actriz

Lidia Veiga, actriz

 

PROGRAMA

Sergei Prokófiev: A cincenta (selección)

De neno prodixio do piano, Prokófiev converteuse nun dos grandes compositores de Europa. Casado coa soprano española Lina Codina —cuxo carisma inspirou a Coco Chanel para o seu famoso perfume núm. 5—, deixou obras brillantes como O amor das tres laranxas e Pedro e o lobo, mentres vivía aventuras propias dun filme de espionaxe, con misterios e ata un triángulo amoroso. A Cincenta estreouse en 1945 e foi unha das poucas historias cheas de felicidade dese ano tan complicado. Nesta obra máxica, Prokófiev conta en música o amor soñado entre Cincenta e o Príncipe: dende o seu encontro ata os seus retos, pasando polo momento emocionante do final feliz. Coa creativa dramaturxia de Lorena Conde, a Real Filharmonía de Galicia trae este conto popular ao escenario nun espectáculo divertido e familiar, ideal para gozar xuntos. Un plan perfecto para regalar este Nadal ou para sorprender aos máis pequenos no día de Reis.


  • Concerto incluído no programa de abono da RFG. As persoas abonadas poderán acceder ao recinto coa súa tarxeta de abono.

 

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • Concerto incluído no programa de abono da RFG. As persoas abonadas poderán acceder ao recinto coa súa tarxeta de abono.
  • Prezo das entradas para público xeral: 15 €. Á venda en:
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
    • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
    • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Luns, 5 Xaneiro, 2026
20:30
Auditorio Abanca