RFG ·ANIMALIA ·CONCERTO FAMILIAR

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 

Sofía Nereida, actriz e música 

António Miguel Teixeira, actor e músico 

Jan Wierzba, director 

Música de J. P. Rameau, A. Vivaldi, J. F. Haydn, G. Rossini, P. I. Chaikovski 

Duración: 60 min

Lingua: Galego

 

 

Animalia é unha viaxe fantástica onde a música se atopa co mundo animal! Que historias nos contan os compositores? E que historias nos contan os gatos deses compositores?... Coas súas 7 vidas e moitas trasnadas, estes felinos especiais teñen historias sorprendentes para compartir! Entre saltos e miados, imos explorar como as notas da orquestra se mesturan coas aventuras felinas, e imos descubrir como cada melodía agocha segredos! Animalia é un espectáculo que presenta o mundo da orquestra e a creatividade dos grandes compositores, e que esperta a imaxinación e o gusto pola música, dun xeito divertido e accesible para os máis pequenos!

 

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Sábado, 18 Abril, 2026
18:00
Auditorio de Galicia