REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Baldur Brönnimann, director
Santiago Cañón, violonchelo
Coa participación do alumnado da EAEM
PROGRAMA
Alberto Evaristo Ginastera: Variacións concertantes, Op. 23
Antonín Dvořák: Concerto para violonchelo e orquestra en Si menor, Op. 104
A temporada chega ao seu fin coa Cometa de Octavi Rumbau, que ilumina as Variacións Concertantes de Alberto Ginastera, escritas por este compositor apaixonado polo folclore e pola vangarda, en pleno conflito co goberno de Perón. Estreadas en 1953, as Variacións subliman a música popular arxentina. Ese mesmo amor polo folclore habita no checo Antonín Dvořák, como se revela no seu Concerto para violonchelo e orquestra, composto en Nova York durante a súa etapa como director do Conservatorio Nacional. Na obra latexa a súa relixiosidade e a súa fe na humanidade. O concerto comparte co Stabat Mater, composto tras a perda dos seus tres primeiros fillos, un mesmo alento, no que a dor tráxica dá paso á esperanza. Non cabe mellor final para esta temporada que tantas historias nos ten ofrecido.
Ás 19.45 h, Conversando con... Baldur Brönnimann e Santiago Cañón na Sala Mozart.